Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Paco Nogueiras abre a nova tempada de Espazo Lectura coa presentación do espectáculo Brinca vai!

Paco Nogueiras abre a nova tempada de Espazo Lectura coa presentación do espectáculo Brinca vai!

Correo-e Imprimir PDF

image009

O músico Paco Nogueiras presentará mañá, 1 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa da Lectura (Donas), o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado “Brinca Vai!” e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo, “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. Neste concerto -co que se inaugura a nova tempada de actividades de animación á lectura de Espazo Lectura- Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas, con música en directo. 

image002

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todas as cancións de “Brinca Vai!”, nas que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Magosto, o Samaín, o Nadal ou o Entroido. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos que abrangue, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.

Nova tempada do Contomar na Bilbioteca

A partir desta semana, as actividades regulares de Espazo Lectura regresan nos seus horarios habituais, sendo a seguinte cita o luns 6 de outubro, ás 18:00h, onde se abrirá a nova tempada do Contomar, o contacontos semanal para nenos e nenas a partir de 3 anos que Espazo Lectura desenvolve na Biblioteca Municipal de Gondomar.

VIDEO