Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación de “Poemas da Mariña”, de Miguel Anxo Mouriño este venres no IEM.

Presentación de “Poemas da Mariña”, de Miguel Anxo Mouriño este venres no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
4701-131258-a-Capa

O próximo venres día 24 se presentará no IEM o libro “Poemas da Mariña”, do escritor Miguel Anxo Mouriño.  O acto  correrá a cargo da tamén escritora Marta Dacosta quen estará acompañada polo artista plástico, Fernando Casás, autor da capa (deseño e imaxe).  Os  netos maiores  do autor do poemario, Pablo e Antía,  participarán recitando cadanseu poema do libro. O acto terá lugar ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Esta obra de Miguel Anxo Mouriño está dedicada  ás vivencias previas e posteriores ao nacemento da súa neta. Dadas as dificultades que atopou para editalo baixo un selo editorial, decidiu facelo como libro de autor.

Poemas da Mariña, nota do autor

“Hai algún tempo que teño un poemario no que falo dos sentimentos que me suscita a miña neta Mariña adobiado coas miñas reaccións polo feito de ser a primeira neta educada dende o berce en galego”, sinala o escritor.  Engade que ante as dificultades dunha publicación ao uso, decidiu editalo como libro de autor. “Tiven a inestimable colaboración de Fernando Casás que me regalou a ilustración da capa, fotografía de parte dun cadro pintado por el para esta ocasión (pintura sobre tea, 28x25cm), ademais de ocuparse do seu deseño” confesa.

O contido está dividido en catro partes. Na primeira (Azul intenso) fala da voda da nai: consellos, reflexións, alegría, bos desexos... A segunda (Benvida) está ocupada polos sentimentos e esperanzas suscitados polo nacemento de Antía. Ocupa a terceira parte (Un ano mariñán) unha homenaxe polo seu primeiro aniversario. E, a cuarta (O Anxo da nosa agarda), un só poema, recolle a benvida ao seu irmán aínda no seo materno.

“O libriño xa saíu á luz e agora busco darlle un pouco de vida, xa que sen lectores ningún libro existe” afirma o autor.