Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gondomar acolle unha charla do medallista olímpico José Manuel Abascal

Gondomar acolle unha charla do medallista olímpico José Manuel Abascal

Correo-e Imprimir PDF
Jose Manuel_Abascalggggg

Baixo a organización da Concellería de Deportes en colaboración coa Sociedade Atlética Val Miñor, e da man do que fora presidente desta, José Luis Ferreira, o medallista José Manuel Abascal ofrecerá unha charla o vindeiro sábado 29 de decembro no auditorio municipal do Concello de Gondomar, a partir das 12:30 horas.

 

O acto estará dirixido por Alfonso Posada, distinguido deportista e Presidente do Celta de Atletismo, e contará tamén coa presenza de personaxes do mundo do atletismo como Pedro Nimo, Alfonso Ortega, Carlos Pérez e Ramón Magariños.

O atleta e Premio Príncipe de Asturias cántabro, José Manuel Abascal é recoñecido por ser un especialista en medio fondo. Entre os seus logros deportivos destacan a medalla de Bronce nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles en 1984 e o recoñecemento do mérito deportivo por parte de Agrupación Española de Periodistas Deportivos. Retirado desde 1992, actualmente se dedica á organización de eventos deportivos, colaborando no 2006 coa Comunidade Autónoma de Cantabria nun programa de promoción do deporte.

O acto terá lugar a partir das 12.30 horas e estará aberta a todos os veciños da comarca que estean interesados en escoitar de primeira man a vivencia de acadar unha medalla olímpica.

Nadal deportivo en Gondomar

A concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, informa que aínda quedan prazas dispoñibles nas diferentes actividades deportivas que, dentro do programa de Nadal estase a celebrar no pavillón municipal.

-Os días 28-29, de 10:00 a 13:00 horas, os cativos e adolescentes, de idades comprendidas entre os 5 e os 18 anos poderán gozar de actividades de patinaxe e ciclismo, con circuítos e competición

-Durante os días 2-3-4 de xaneiro, tamén en horario previsto de 10:00 a 13:00 horas, comezarase o ano con actividades dirixidas a maiores de 18 anos, que consistirán en:

-Día 2, actividades de ximnasia aerobic no pavillón.

-Día 3, andaina de 6 Km de percorrido

-Día 4, actividades con circuíto sensorial, seguido dunha sesión de pilates, para rematar con una sesión de masaxe para cada participante.

Os interesados deberán inscribirse no pavillón municipal en horario de 17:00 a 20:00 horas (tlfno.986360305).