Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Pechou o Nadal deportivo en Gondomar que congregou unha ducia de actividades de lecer e solidarias.

Pechou o Nadal deportivo en Gondomar que congregou unha ducia de actividades de lecer e solidarias.

Correo-e Imprimir PDF
bicicletas-nadal

A concelleira de Deportes de Gondomar, Natalia Salgueiro, valorou positivamente as actividades deportivas celebradas durante a tempada do Nadal no municipio e adiantou a súa intención de continuar traballando durante este novo ano a prol de actividades deportivas e de ocio dirixidas a todas as idades.

 

As actividades celebradas no pavillón municipal, as que acudiron mais de 50 cativos, comezaron o día 26 cunha xornada dedicada os deportes de equipo, seguido dunha sesión de artes marciais, para rematar os días 28 e 29 con actividades sobre rodas, o día 28 cun circuíto con patíns e día 29 enriba das bicicletas.

A semana dedicada aos cativos tivo como colofón a visita do atleta e medallista olímpico Jose Manuel Abascal, quen ademais tivo a xentileza de ofrecer unha charla contando a súa experiencia, no auditorio municipal, á que acudiron cerca dun centenar de persoas, entre as que se atopaban diferentes persoeiros do mundo do deporte e do atletismo, ademais dunha numerosa representación dos atletas da Sociedade Atlética Val Miñor, coorganizadora do acto.

O ano novo comezou con actividades dirixidas a adultos, iniciando o día 2 cunha sesión de aerobic, seguindo o día 3 cunha andaina de 10 quilómetros pola nosa xeografía e rematando o día 4 cunha xornada mais tranquila, que incluía un circuíto sensorial, unha actividade de pilates, para rematar cunha sesión de masaxe deportivo para os asistentes.

Deporte solidario

Ase mesmo, a concelleira agradeceu moi especialmente a labor amosada dende o Club de Tenis Gondomar e o Gondomar Fútbol Base, que desenvolveron torneos solidarios de Nadal conseguindo recoller mais de 600 quilos de alimentos, que se repartiron entre as familias mais necesitadas.