O Gondomar C.F. mira con ganas a cabeza da táboa da Preferente Sur.

Imprimir
gondomarvsestrada2

O Gondomar C.F. (3º) enfronta un partido decisivo que o pode deixar na cabeza da táboa da Preferente Sur. A dous puntos do Cultural Areas(1º) e a tan só un do Club Xuventú Sanxenxo (2º), enfrontará ao CD Estradense (14º) a partir das 16:30h no campo de A Gándara de Chaín. Media hora despois, comezará en Sanxenxo o partido que enfrontará aos punteiros do torneo. De gañar, os gondomareños aseguraríanse polo menos a segunda posición do torneo, nesta 23ª xornada.

Lamentablemente, polo mal estado do campo de As Gaiandas, o Gondomar exercerá de local no campo de Chaín. Segundo a conversa de Valminor.info cos directivos do clube, as choivas das últimas semanas  afectaron a chan do campo situado na Avenida da Feira, polo que decidiron trasladar o encontro.

Antecedentes.

O CD Estradense derrotou por 2-0 ao Gondomar C.F na 4ª xornada de liga. Nembargante os xogos de ambos foron moi diferentes dende aquel partido.

O xogo abraiante do recén ascendido Gondomar CF propicio un total de 43 puntos en 22 partidos disputados. Dos cales gañou 13, empatou 4 e perdeu tan só 5 encontros, marcando 46 goles e recibindo 21.

Pola súa banda o CD Estradense gañou tan só 5 dos 21 partidos disputados, onde empatou 8 e perdeu outros 8 encontro, cun saldo negativo de goles de -6. Sumando 23 puntos, atópase na 14ª posición a tan só 3 puntos da zona de descenso.

O partido

O xogo do Gondomar C.F. está baseado, ademais do notable rendemento deportivo do equipo e un gran traballo do corpo técnico, no esforzo desenvolvido polos socios e directivos do clube que aínda que con escasos recursos están intentando manter aos blancos nunha liga que demanda un importante reto económico. Por iso, a presenza e apoio dos veciños será fundamental este domingo en Chaín, tanto para alentar á plantilla como para achegar a súa axuda cun módico prezo da entrada,pero de grande valor para as arcas do clube.