Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gondomar C.F. golea ao CD Estradense e queda líder na Preferente Sur.

Gondomar C.F. golea ao CD Estradense e queda líder na Preferente Sur.

Correo-e Imprimir PDF

 Gondomar CF canta lotería ante o CD EstradenseO Gondomar C.F. é dende este domingo o líder da Liga Preferente Sur tras derrotar por 5 – 0 ao C.D. Estradense no campo de fútbol A Gandara de Chaín. Os brancos remataron o primeiro tempo cun 2 – 0 que ampliaron sen dificultades no segundo ata completar a lotería. Entre mentres, en Sanxenxo o local Xuventú Sanxenxo empatou a cero co ata entón líder da táboa o Cultural Areas. Igualados en 46 puntos pero cun mellor saldo de goles, o Gondomar CF ocupa a 1ª posición e o Cultural Areas a segunda, ao rematar a 23ª xornada de liga.

 A apertura no marcador chegou aos 20' da primeira parte, cando tras unha xogada a balón parado, Toni rematou de cabeza gañándolle a posición ao porteiro visitante. Aos 36', Toni volve a cabecear na área tras un saque de esquina para converterlo no segundo tanto do encontro . Así rematou o primeiro tempo cun 2 – 0 a favor do equipo dirixido por Marcos Couñago.

Cando apenas os equipos quentaban o corpo, aos 7' o dianteiro centro, Breixo, comezaba a sentenciar o partido ao marcar o terceiro tanto do encontro. As esperanzas dunha posible remontada por parte do CD Estradense morreron definitivamente aos 33' cando Silvio mandou de novo a pelota ao fondo da rede. A lotería chegou catro minutos despois a través doutro gol de cabeza, esta vez por parte de Manu.

Detalles do encontro

Gondomar CF: Jacobo; Nando, Lucas, Ferro, Carlos (Pibe, min. 76); Rubén (Iván, min. 58), Toni, Víctor, Gonza (Víctor, min. 67); Breixo (Silvio, min. 76) e Manu.

CD Estradense: Makelele; Martín, Chan, Mateo, Fafú; Ayuso, Vicente (Xenxo, min. 85), Lema (Pereiras, min. 79), Escudero (Pato, min. 46); Unai e Pepe (Bryan, min. 79).

Árbitro: García Vázquez (Ourense).

Estatística do partido

 O Gondomar FC durme como líder da Preferente Sur Galicia á espera do próximo rival, o Portonovo SD ao que terá que enfrontar como visitante na vila do mesmo nome, no concello de Sanxenxo. Estes equipos víronse na 5ª xornada da primeira rolda, cunha vitoria do Gondomar CF por 2-1.