Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Entroido surfeiro en Patos

Entroido surfeiro en Patos

Correo-e Imprimir PDF
Entroido surfeiro en Patos Surf

 

Achégase o entroido e como cada ano o Clube de Surf Patos organizará unha das súas xornadas mais divertidas. Os entroidos surferos de Patos 2013.

Todos os surfeiros de Patos reuniranse este sábado 9 de febreiro ás 11:00 da mañá para tentar surfear disfrazados. Requisitos indispensables a imaxinación e creatividade. Os colaboradores premiarán aos disfraces mais orixinais.

Un tema importante ater en conta, segundo sinalan os organizadores, é que os disfraces non conteñan pezas ou obxectos que poidan danar ou quedar perdidos na auga. Os técnicos da escola de Surf de Patos realizarán unha inspección previa.

Promete un chocolate quente ao saír da auga, dadas as temperaturas destas épocas do ano.