Val Miñor, sede da próxima Rías Baixas Bike Race

Imprimir
O Rías Baixas Bike Race terá ao Val Miñor como base da proba

O Val Miñor será esta semana Santa o núcleo das actividades das Rías Baixas Bike Race, unha das citas de mountain bike máis importantes da península, coa disputa de dúas das tres etapas en Nigrán e Gondomar.

Espérase a participación próxima aos 300 ciclistas procedentes de toda España e Portugal.

O venres 29 de marzo Nigrán servirá de toma de contacto para os corredores, nunha etapa "rompe pernas", con moitas zonas de carreiro para o desfrute de participantes e público.

O prato forte desta edición corresponderá ao terceiro e último día no que, con saída e meta no Concello de Gondomar, os corredores deberán realizar un duro percorrido de 63 km. que transcorrerá na súa maior parte por dous das xoias naturais das Rías Baixas, a "Serra do Galiñeiro" e o Parque Natural do Monte Aloia.

Durante o evento realizaranse diversas actividades paralelas entre as que destacan as que se realizarán no posto base da proba como son o "Bike Park Infantil" para nenos de entre 5 e 12 anos ou as zonas de exposición para firmas do sector e colaboradores.