Miguel Rivas e Raquel Arreola, gañadores do V Open de Tenis Concello de Gondomar

Imprimir
foto-tenis-gondomar

-Yago González e Ana Fernández obtiveron o segundo posto na competición

O pasado sábado, finalizou o V Open de Tenis Concello de Gondomar, con grandes partidos moi pelexados e de gran nivel.
A final masculina a disputárona Yago González Suárez e Miguel Rivas Costa, cun resultado de 7/6 7/6 a favor de Miguel, gran partido por ambas partes. A final feminina resolveuse entre Ana Fernández Macías e Raquel Arreola, cun resultado de 6/3 6/0 a favor de Raquel, partido moi disputado a pesar do resultado.
Nas semifinais quedáronse dúas alumnas do Club de Tenis Gondomar, as dous infantís de 13 anos as cales demostraron que, malia a súa curta idade, son capaces de competir a un bo nivel con xogadoras de maior idade que elas; Antía San Juan que cedeu o seu partido ante Ana Fernández e Alexandra de Saa que cedeu ante Raquel Arreola.