Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Volta Ciclista chegará o domingo sobre ás 14:20h ao Val Miñor.

A Volta Ciclista chegará o domingo sobre ás 14:20h ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
volta espana 2012 val minor

A 68º edición da Volta Ciclista a España chegará ao Val Miñor o vindeiro domingo, como parte da 2ª etapa denominada "Baiona - Alto do Monte da Groba". A competencia de 177,7 km ingresará á bisbarra sobre as 14:20 horas a través da Estrada pola Vía (PO 325) cara á Ramallosa para posteriormente pasar por Gondomar. Dende a vila condal o pelotón dará un xiro cara ao Baixo Miño, e tras percorrer Tomiño, Tui, A Guarda e Oia, rematará en Baiona nunha escalada á Serra da Groba.

O itinerario achegará o primeiro final no alto. O pelotón terá que superar os 176 quilómetros que lles conducirán desde Pontevedra ata o Alto da Serra da Groba, Baiona, onde estará situada a liña de meta.
Segundo os organizadores, a etapa podería ser un día propicio para os intentos de escapada, aínda que as forzas, aínda intactas, permitirán ver unha gran batalla entre os homes importantes. Os ciclistas que busquen a clasificación xeral estarán ante a súa primeira oportunidade para brillar no Alto da Serra da Groba.