Peitieiros acollerá o XI Torneo Concello de Gondomar de bolos celtas

Imprimir
bolos-celtas

O campo de bolos de Peitieiros acollerá o próximo fin de semana a décimo primeira edición do Torneo Concello de Gondomar de Bolos Celta.
O Club de Bolos de Peitieiros, en colaboración coa Concellaría de Deportes organiza o xa tradicional encontro que espera a participación de máis de 60 xogadores, correspondentes a 11 clubs diferentes, que disputarán ao redor de 20 partidas.

O campionato dará comezo o sábado, a partir das 15:30 horas e ten previsto a súa remate o domingo a 13:30 horas.