Inscricións para o I Torneo de Pádel Concello de Nigrán

Imprimir

As instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar acollerán no próximo mes de setembro o I Torneo de Pádel Concello de Nigrán. A competición desenvolverase entre o 6 e o 13 de setembro, nos dous fins de semana entre esas datas. A previsión é que participen unhas 150 parellas de Nigrán e arredores. As inscricións, que pechan o próximo 4 de setembro, poden realizarse no teléfono 626 448 191 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .