Aberta a inscrición para a XV Marcha Cicloturista Concello de Gondomar

Imprimir

- Terá lugar o próximo domingo, 8 de setembro
O Club Ciclista Gondomar, en colaboración con la Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar, organiza para ol próximo domingo, día 8, a XV Marcha Cicloturista Concello de Gondomar desde as 9.00 horas.

De 106 quilómetros de lonxitude, a marcha terá a súa saída ás 9.00 horas desde a Casa do Concello, volvendo ao mesmo lugar ás 12.35 horas aproximadamente. O recorrido pasará por los concellos de Gondomar, Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui. A marcha tamén constará dun recorrido reducido de aproximadamente 98km.
Ao finalizar terá lugar a entrega de premios na Praza da Paradela.
Paralelamente, se organizará desde as 10.00 horas, unha gymkana ciclista gratuíta para nenos de entre 6 e 12 ano s. Os cativos interesados deberán presentarse na Praza do Concello provistos de bicicleta e casco.
A inscrición á marcha se poderá realizar en www.clubciclistagondomar.org e terá un prezo de 6 euros.