Presentación de la 1ª Maratón de Montaña Trans Serra da Groba na Virxe da Rocha.

Imprimir
image gallery

A Virxe da Rocha serviu de marco natural o pasado sábado para a presentación do 1º Maratón de Montaña Trans Serra da Groba que se celebrará no concello de Baiona o próximo día 2 novembro.

Esta 1ª edición conta coa colaboración das comunidades de montes, ACEBA, así como o patrocinio de diversas entidades e empresas. A organización sinala que o principal obxecto da proba "é gozar do deporte xunto coa natureza, respectando o medio". A competencia terá a saída e chegada na Praza do Concello, discorrendo polas fermosas paraxes do municipio e contorna.
O evento consta de dúas modalidades, unha carreira trail cuxa saída se realizará ás 8:30 h, cun percorrido de 45 km, no que os deportistas terán que superar desniveis importantes en pistas e sendeiros, e outra proba denominada andaina, que comezará ás 9:30 h cun percorrido de 20 km.
Ambos os dous itinerarios están perfectamente sinalizados onde haberá diferentes puntos de avituallamento nos que estarán voluntarios da organización.
O alcalde Jesús Vázquez Almuíña fixo fincapé durante a presentación "nas paisaxes excepcionais que poderán ver ao longo do seu percorrido, o que a converte nun marco único para a realización deste primeiro maratón de montaña á que chegasen deportistas de todos os lugares". Para as persoas interesadas en inscribirse poden anotarse a través da web oficial da proba www.trailserragroba.com.