Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Peña Ciclista Val Miñor abre inscricións para a VIII Marcha BTT - Concello de Nigrán.

A Peña Ciclista Val Miñor abre inscricións para a VIII Marcha BTT - Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Macha-BTT

O vindeiro domingo 10 de novembro terá lugar a VIII Marcha BTT Concello de Nigrán. A proba deportiva, organizada por la Peña Ciclista Val Miñor en colaboración con el Concello de Nigrán, está dirixida a todos os ciclistas maiores de 16 anos que dispoñan de licenza federativa. No obstante, os organizadores comunican que os non federados tamén poderán participar na marcha, xa que a organización realizará os trámites necesarios para obter a devandita licenza por un día neses casos.

O punto de partida estará localizado no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón ás 9.00 horas. Tras o éxito da pasada edición, que contou con máis de 400 ciclistas, a organización decidiu manter a dificultade do percorrido –media/alta-, cun trazado final próximo aos 40 km por rutas forestais e camiños de todo o concello.
Os interesados en participar poderán inscribirse hasta o xoves 7 de novembro cubrindo un formulario de preinscrición que se pode descargar da web do club, www.nigranbtt.com, e achegarllo xunto co xustificante de ingreso ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , debendo tamén presentar copia do ingreso o día de la marcha.