Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Agrupación Deportiva Vincios de tenis de mesa consegue catro podios no Torneo Zonal Norte celebrado en Lalín

A Agrupación Deportiva Vincios de tenis de mesa consegue catro podios no Torneo Zonal Norte celebrado en Lalín

Correo-e Imprimir PDF
xuvenil-masculino
benxamin-femenino
infantil-masculino
infantil-femenino
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

-Martín Pintos subiu ao posto máis alto do podio como campión xuvenil masculino
-En categoría infantil masculina e feminina, o segundo posto ocupárono Anxo Iglesias e Natalia Fernández
-En categoría benxamín feminina, Luisa Pintos tamén logrou clasificarse en segundo lugar

Martín Pintos da Agrupación Deportiva Vincios subiu ao posto máis alto do podio como campión xuvenil masculino do Torneo Zonal Norte ao vencer na final ao pontevedrés Santiago Prieto e anteriormente en semifinais ao xogador ferrolán, Rubén García.
En categoría infantil masculina e feminina, o segundo posto ocupárono outros dous xogadores da Agrupación. Natalia Fernández e Anxo Iglesias disputaron as súas finais ante Belén Calvo (Arteal) e o burgalés Rafa Sáez respectivamente, todo un triunfo dada a esixencia do torneo. E por último en categoría benxamín feminina, Luisa Pintos tamén logrou clasificarse en segundo lugar disputando a final ante a cántabra Andrea Chaves.
Andrés Torres é o quinto xogador da Agrupación que conseguiu, cun quinto posto en categoría cría, clasificarse para o Estatal que terá lugar en Valladolid no mes de febreiro. Antes e na localidade de Alcobendas (Madrid), terán outra oportunidade para conseguilo xogadores como Jorge Larrondo, Lucía Graña e Simón Casal, que co noveno posto no zonal quedaron ás portas.
O Torneo Zonal Norte, clasificatorio para os Campionatos de España 2014, celebrouse o pasado fin de semana no concello pontevedrés de Lalín e nel disputáronse as probas en categorías benxamín cría, infantil, xuvenil, sub 23, sénior, veteranos e como novidade este ano, as probas de persoas con minusvalía física.
Na competición reuníronse xogadores das comunidades do Principado de Asturias, Cantabria, Castela-León, Galicia e País Vasco.