As novas promesas do tenis mesa da A.D. Vincios seguen a facer historia co seu debut no Open de Portugal.

Imprimir
Anxo-Iglesia-e-Martin-Pinto

-Gran actuación de Martín Pintos e Anxo Iglesias no vixésimo Open de Portugal Infantil e Cadete
- Ambos os dous xogadores da A.D. Vincios formaron parte da selección que España presentou á competición
Os xogadores da A.D. Vincios de tenis de mesa, Martín Pintos e Anxo Iglesias, formaron parte da selección que España presentou ao o vixésimo Open de Portugal infantil e cadete, celebrado a finais de decembro en Vila Nova de Gaia.


Martín Pintos, e a súa parella na proba de equipos, o vigués Pedro Fernández, estiveron a piques de clasificarse para disputar os postos de honra do torneo. Anxo Iglesias, que formou equipo co madrileño Gonzalo Herranz, tamén tivo unha boa actuación.
Nas probas individuais, Martín Pintos quedou primeiro do seu grupo e accedeu aos oitavos de final, onde perdeu contra o holandés Roel Bogie. Anxo Iglesias disputou o Open B onde caeu diante do portugués David Bessa por un axustado 3-2.
Este Open de Portugal contou coa presenza de seleccións de Francia, Inglaterra, Luxemburgo, Holanda e Portugal, ademais dunha importante representación de xogadores galegos e españois.
A pesares de que esta foi a primeira experiencia internacional de alto nivel dos dous xogadores gondomareños da A.D. Vincios, ambos realizaron un excelente papel na competición. Tanto desde o Concello de Gondomar como desde a AD Vincios, amosaron o desexo de que esta sexa a primeira de moitas participacións tanto para estes dous deportistas da vila como para o resto de compañeiros e compañeiras do club.