Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Máis de 300 judokas déronse cita na primeira xornada do XogaJudo, celebrada en #Gondomar. #Deporte

Máis de 300 judokas déronse cita na primeira xornada do XogaJudo, celebrada en #Gondomar. #Deporte

Correo-e Imprimir PDF
jornada4

-A competición reuniu 335 rapaces e rapazas de entre 11 e 14 anos, 88 na categoría feminina e 247 na masculina

-Gondomar conta este ano, por primeira vez, cunha escola municipal de judo patrocinada pola Deputación provincial

O pasado sábado, 1 de marzo, o Pavillón de Deportes de Gondomar acolleu a primeira xornada da Fase Sur de XogaJudo.

A competición deu comezo ás 11.00 horas con numeroso público asistente e finalizou ás 13.00 horas. Nela participaron un total de 335 judokas crías e infantís de entre 11 e 14 anos, (70 infantil masculino, 26 infantil feminino, 177 alevín masculino e 62 alevín  feminino) de clubs de Pontevedra (38), Santiago (17) e Ourense (1).

Ao longo da mañá foron pasando polos 10 tatamis preparados pola organización, os 335 judokas, masculinos e femininos, divididos en distintas ligas organizadas por categorías de idade e peso.

Para todas as categorías se estableceu un mesmo sistema de puntuación sendo as puntuacións, tres puntos por combate gañado e un punto por combate non gañado, anotadas polos xuíces nas cartillas preparadas para o efecto e que servirán cada profesor no seu club para o pase de grao e a clasificación para posteriores competicións.

A xornada foi seguida en directo polo Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián Guitián, así como o Xefe do Servizo Provincial para o deporte da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides Alonso, a Concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro e o Vicepresidente da Federación Galega de Judo, Manuel Montero Vidal, que ao finalizar o evento fixeron a entrega de medallas.

  1. éxito destas xornadas foi posible grazas á colaboración e axuda desinteresada dos máis de 40 voluntarios e 20 xuíces árbitros.

Con esta xornada, o Concello de Gondomar sinala que  busca promover a súa escola municipal de judo, implantada este ano por primeira vez pola Deputación de Pontevedra e que se desenvolve no pavillón municipal os venres, en horario de 17.00 a 18.00 horas.

XogaJudo

XogaJudo é unha actividade organizada pola Federación Galega de Judo e enmarcada dentro do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Nela, participan aproximadamente 1500 rapaces e rapazas en toda a provincia, ten como principais obxectivos iniciar os nenos e nenas na competición deportiva dun xeito sinxelo e divertida; ademais de estimular e educar cun regulamento que dá prioridade a valores como o compañeirismo por enriba do resultado deportivo.