O Val Miñor segue a ter grandes campións no mundo do Bolo Celta

Imprimir
Foto-de-grupo-de-premiados-

O C.C.D. Bolos da Carrasca acolleu a entrega de Premios da Federación Galega de Bolo Celta, na que os clubs da comarca do Val Miñor resultaron os grandes protagonistas en practicamente todas as categorías.

 

Na cerimonia levada a cabo o pasado venres 7 de marzo, ademais dos deportistas galardoados concorreron a entregar os premios o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, a concelleira de Deportes de Gondomar, Natalia Salgueiro, e a súa homóloga en Baiona, María Jesús Martíns, así como o Xefe de Servizos de Deportes da Xunta de Galicia en Vigo, Daniel Benavides.