Preto de 500 ciclistas de Gondomar, Nigrán e Baiona déronse cita na XXVI edición da Festa da Bicicleta

Imprimir
Fiestabici

. O Concello de Gondomar foi, nesta ocasión, o anfitrión desta tradicional proba que congrega participantes de todo o Val Miñor
Esta mañá, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar a XXVI edición da Festa da Bicicleta. Este tradicional evento chega, como é costume, da man dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, e contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

A vila condal foi nesta ocasión a anfitriona da celebración. Preto de 500 ciclistas déronse cita, baixo un intenso sol, na Praza do Concello, lugar dende o que iniciaron un percorrido de ida e volta, pasando por Praia América e A Ramallosa. Ao longo deste percorrido, veciños de Nigrán e Baiona fóronse incorporando ao pelotón.
Ao finalizar o percorrido todos os participantes se volveron congregar na praza do concello gondomareño onde se realizou o sorteo de premios, no que se repartiron tres bicicletas -unha por municipio-, e diversos artigos deportivos como cascos de bicicleta, mochilas, camisetas, etc.
No acto estiveron presentes Fernando Guitián, Alcalde de Gondomar e Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes do municipio; Alberto Valverde, Alcalde de Nigrán e Liliana Silva, concelleira de Concelleira de Turismo, Cultura e Deportes; e Jesús Vázquez Almuiña, Alcalde de Baiona e María Jesús Martíns, concelleira de Deportes.
O obxectivo deste evento lúdico-deportivo é promover un modelo de vida saudable e fomentar o uso da bicicleta impulsando a práctica do ciclismo