Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Club Baloncesto Nigrán inicia a tempada con adestramentos no Pavillón Municipal de Panxón.

O Club Baloncesto Nigrán inicia a tempada con adestramentos no Pavillón Municipal de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
baloncesto-nigran-nenas
baloncesto-nigran-rapaz
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Club Baloncesto Nigrán comeza a súa tempada iniciando os adestramentos das diferentes categorías no Pavillón Municipal de Panxón. Entre as actividades programadas para esta pretempada está a organización dun torneo para as categorías INFANTIL , CADETE E XUNIOR o domingo día 6 de Setembro en Gondomar e unha semana despois , o domingo día 14, poñen en marcha outro Torneo de Mini-basket (categorías BAY, ALEVÍN E BENXAMÍN) en Nigrán.

Para o desenvolvemento destes dous torneos o o club invitou a diferentes clubs da comunidade galega.

Adianta que o  vindeiro martes día 26 participarán en Cangas no Torneo organizado polo Club Defensores do Morrazo ao que foron invitados.

Ademais seguen en contacto cos diferentes centros educativos da localidade para a posta en marcha das escolas deportivas de baloncesto co obxectivo de achegar esta disciplina deportiva aos nenos e nenas de Nigrán.