Este venres sobre ás 15:30 horas o pelotón da Volta a España chegará ao Alto da Serra da Groba. Dende alí baixarán con alerta de "precaución" por "curvas pechadas e en descenso", cara á vila de Baiona.
Sobre as 15:49 percorrerán o paseo marítimo cara a Sabarís cunha estimación da folla de ruta de arribar á Ramallosa ás 15:54 horas. De alí tomarán a Estrada pola Vía con outra precaución marcada aos competidores "Precaución: carril bici con tacos". E durante 5 minutos atravesarán Nigrán rumbo a Vigo.
Este ano os veciños de Gondomar deberán desprazarse do concello, pois a Volta non pasará pola vila condal.
Detalles da Etapa
A orde de partida da Etapa 19 "Salvaterra do Miño / Cangas do Morrazo" terá lugar ás 13 horas. Os competidores liderados polo maillot vermello de Alberto Contador, deberán percorrer 180,5 quilómetros para arribar á meta final pasadas as 17:20 horas.
Pronóstico do tempo
Segundo prognóstico de 4 Gotas, existen riscos de treboadas nas Rías Baixas (entre as 3 a as 5 da tarde), pero previsiblemente os corredores librarán da chuvia durante todo o percorrido caendo as treboadas algo máis ao interior e só vendo algunha nube. O vento será do sur, polo que soprará a favor na suba ao Alto da Groba e a temperatura será máis baixa que en días pasados.
VIDEO resumo etapa 17 - Alberto Contador