Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Cincocentos deportistas participarán do Triatlón que percorrerá Nigrán e Vigo o vindeiro domingo.

Correo-e Imprimir PDF

triatlo-illas-cies-nigran-A proba disputarase o domingo pola mañá, e levará aos participantes a realizar 1,9 quilómetros a nado, 90 en bicicleta e 21 correndo entre os municipios de Vigo e Nigrán.

A primeira edición do Tríatlon Medio Ironman Desafío Illas Cíes disputarase o vindeiro domingo coa participación de 500 atletas. A totalidade das prazas ofertadas pola organización desde o pasado mes de xaneiro cubríronse, quedando en lista de espera máis de 250 persoas. Aínda que o 80% dos inscritos son galegos, os 100 participantes restantes proceden de diversos puntos da península, mesmo das Illas Baleares.

100 xogadores disputarán os campionatos de España de Bolos Celta na Camoesa.

Correo-e Imprimir PDF

-A parroquia de Camos (Nigrán) acolle os campionatos de España de birlo celta en diversas categorías

O Club de Bolos de Peitieiros copa a entrega de premios da XI edición do Torneo Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

entrega-premios-bolos-Na categoría de equipos resultaron vencedores os clubs Xunqueira, Peitieiros e Urgal.
Na categoría individual xuvenil acolleu a distinción o competidor Daniel Gómez (Peitieiros).
Na individual senior o vencedor foi Diego Camesella (Peitieiros).

Aberta a inscrición para a XV Marcha Cicloturista Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

- Terá lugar o próximo domingo, 8 de setembro
O Club Ciclista Gondomar, en colaboración con la Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar, organiza para ol próximo domingo, día 8, a XV Marcha Cicloturista Concello de Gondomar desde as 9.00 horas.

Trescentos cativos de Galicia e o norte de Portugal compartirán unha fin de semana a todo fútbol.

Correo-e Imprimir PDF

balonO campo de fútbol de Condomínguez (Priegue) acollerá a trescentos cativos de Galicia e o norte de Portugal nunha competencia de fútbol 7 na xornada do vindeiro domingo 8 de setembro. Dende as 10 da mañá, os rapaces agrupados en 18 clubs disputarán o Torneo "Val Miñor Cup", que cumpre esta ano a súa décima edición.

Inscricións para o I Torneo de Pádel Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

As instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar acollerán no próximo mes de setembro o I Torneo de Pádel Concello de Nigrán. A competición desenvolverase entre o 6 e o 13 de setembro, nos dous fins de semana entre esas datas. A previsión é que participen unhas 150 parellas de Nigrán e arredores. As inscricións, que pechan o próximo 4 de setembro, poden realizarse no teléfono 626 448 191 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Peitieiros acollerá o XI Torneo Concello de Gondomar de bolos celtas

Correo-e Imprimir PDF

bolos-celtasO campo de bolos de Peitieiros acollerá o próximo fin de semana a décimo primeira edición do Torneo Concello de Gondomar de Bolos Celta.
O Club de Bolos de Peitieiros, en colaboración coa Concellaría de Deportes organiza o xa tradicional encontro que espera a participación de máis de 60 xogadores, correspondentes a 11 clubs diferentes, que disputarán ao redor de 20 partidas.

A Volta Ciclista chegará o domingo sobre ás 14:20h ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

volta espana 2012 val minorA 68º edición da Volta Ciclista a España chegará ao Val Miñor o vindeiro domingo, como parte da 2ª etapa denominada "Baiona - Alto do Monte da Groba". A competencia de 177,7 km ingresará á bisbarra sobre as 14:20 horas a través da Estrada pola Vía (PO 325) cara á Ramallosa para posteriormente pasar por Gondomar. Dende a vila condal o pelotón dará un xiro cara ao Baixo Miño, e tras percorrer Tomiño, Tui, A Guarda e Oia, rematará en Baiona nunha escalada á Serra da Groba.

Resultados do XVIII Torneo de Baloncesto 3X3 de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O pasado venres 9 e sábado no Parque da Paqlma tivo lugar o XVIII Torneo de Baloncesto 3X3 organizado pola Concellaría de Deporte de Baiona en conxunto co Club Baloncesto Baiona. Os organizadores sinalan o éxito de convocatoria da xornada con máis de 20 equipos inscritos na categoría adultos, 8 equipos sub 17 e 12 na categoría sub 12, o que totalizaron máis de 250 deportistas que foron acompañados por moitos seareiros en ambos os dous días.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL