A carreira popular pola praia Nigrán Area colgou o cartel de cheo na súa terceira edición, coa inscrición de 700 persoas, o límite máximo de prazas establecido nas bases da competición. Do mesmo xeito que o ano pasado, a terceira edición da carreira comezará este domingo ás 11.00 horas, coas categorías cadetes, infantís e benxamíns. Ás 12.00 horas comezará a carreira na categoría absoluta, e tras a súa finalización será a quenda dos prebenxamíns e pitufos.
Deportes
Os equipos de Chaín, Gondomar, Nigrán e o Racing Vilariños disputan o Torneo de Fútbol Concello de Nigrán
O campo de fútbol de Vilariño acolle na tarde do sábado o Torneo de Fútbol Concello de Nigrán, organizado polo Concello de Nigrán en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Alí veranse as caras o Chain, o Gondomar, o Nigrán e o Racing Vilariño, nun cuadrangular que prevé disputar a gran final a partir das 20.00 horas.
XXIX Edición do Trofeo Conde de Gondomar no Campo Municipal das Gaiandas
- O Gondomar CF enfrontarase ao Nigrán FC
-O encontro será o vindeiro xoves 15, ás 19.00 horas
Miguel Rivas e Raquel Arreola, gañadores do V Open de Tenis Concello de Gondomar
-Yago González e Ana Fernández obtiveron o segundo posto na competición
Nigrán Area acollerá un novo torneo de Pádel Praia
O próximo fin de semana o recinto Nigrán Area albergará unha nova competición deportiva coa celebración do Torneo de Tenis Praia, organizado polo Concello de Nigrán en colaboración con Drop Shot e a Federación Galega de Tenis Praia. A competición disputarase nas categorías masculina, feminina e mixta, e a inscrición terá un custo de cinco euros por persoa. Máis información, bases e inscricións na páxina Web www.agtenisplaya.es, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 652 509 230.
Abertas as inscricións para o XI Torneo de Pesca Deportiva Infantil no Concello de Baiona.
-O torneo nace a través do curso de iniciación á Pesca Deportiva .
-O XI Torneo de Pesca Deportiva Infantil desenvolverase o día 16 de agosto a partir das 17.30h ata as 19.30 horas nas instalacións do porto pesqueiro de Baiona.
Antón e Pablo, campións de Futvolei en Nigrán
O recinto de deporte na praia Nigrán Area de Panxón serviu para premiar a Antón e Pablo como campións do I Torneo de Foot-Voley Concello de Nigrán. A pesar de que a climatoloxía non propiciou un bo número de bañistas na praia de Panxón, as bancadas de Nigrán Area si rexistraron un bo ambiente de público para seguir o torneo, destacando a presenza de todo un campión do mundo de fútbol como o exjugador céltico Mazinho.
O atleta gondomareño, Brais Misa, anuncia a súa participación na I Carreira Popular en O Galiñeiro
-Así o adiantou o deportista na charla que ofreceu na tarde do venres no Centro Neural de Gondomar
-A I Carreira Popular en O Galiñeiro terá lugar o próximo domingo 4 de agosto
-O prazo de inscrición para participar na proba finaliza o xoves 1 de agosto
O Baíña F.S. organiza un campus deportivo para nenos e nenas interesados no fútbol sala.
O campus de fútbol sala organizado polo Baíña F.S. se desenvolverá desde o luns 15 ao venres 19 de xullo na vila de Baiona. O mesmo estará a cargo de Daniel Álvarez (Licenciado en CAFyD) e Santiago Rodríguez (adestrador nacional nivel III). Está dirixido para nenos e nenas comprendidos entre os 5 e os 15 anos, e ten como obxectivo promover este apaixonante deporte.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL