Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

O Val Miñor recibirá a Volta 2016 na 2ª etapa da competencia.

Correo-e Imprimir PDF

voltaespanha

A Volta regresará ao Val Miñor o domingo 21 de agosto na segunda estapa que dará incio na cidade de Ourense para tras 159 quilómetros acabar a primeira etapa en liña desta Volta 2016 en Baiona, previo paso por Nigrán. O comisariado deportivo da Volta España 2016 sinala que "a única dificultade montañosa (desta etapa) será de 2ª categoría. As forzas aínda estarán intactas para que algún valente atrévase a intentar unha fuga. Previsiblemente a etapa poderíase decidir ao sprint".

baionaetapa

Os detalles do percorrido da 71ª edición da Volta a España (20 de agosto - 11 de setembro), cuxo pistoletazo de saída será na provincia de Ourense, desveláronse hoxe en Santiago de Compostela. En 2016, o pelotón da Volta a España percorrerá 3277 quilómetros a través de 16 provincias españolas pero tamén por unha banda dos Pirineos...franceses, xa que os corredores deberán enfrontarse, entre os múltiples retos que suscitan as 19 localidades inéditas, ao desafío que suscita unha chegada de etapa que se vai a decidir no país galo, no Col de l'Aubisque. Este ano, o percorrido da proba, cun papel importante de Galicia e a Comunidade Valenciana, propoñerá aos corredores doce etapas de alta e media montaña, sete etapas llanas e dúas contrarreloxo.

A San Silvestre Solidaria deixa próximo a unha tonelada de alimentos a dispor de Asuntos Socias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

sanSilvestreNigranO Concello de Nigrán celebrou o domingo a súa primeira San Silvestre Solidaria con gran éxito de asistencia.

En total, participaron preto de 500 persoas. Próximo a 200 na carreira de adultos, entre eles o alcalde de Nigrán, Juan González; 10 en infantil de 4 a 7 anos; 56 en infantil de 8 a 12 anos; 20 nadadores na travesía en augas abertas en Panxón e finalmente 88 na andaina.

A Deputación concede 5 mil euros en axudas a Nigrán para compra de equipamentos deportivos.

Correo-e Imprimir PDF

CANASTA GAIFAR1O concello de Nigrán investirá cinco mil euros para a adquisición de equipamento deportivo grazas a unha subvención da deputación de Ponteveddra.

Mercaranse 10 toneladas de caucho para o mantemento óptimo do campo do Vilariño, substituiranse as vellas canastras de Dunas de Gaifar e reporanse as redes da pista de A Ramallosa

A axuda consta de  5.177,57 euros exactamente segundo informa o Concello de Nigrán. A Xunta de Goberno do ente provincial resolveu favorablemente o 19 de decembro á solicitude feita dende o Concello a inicios deste mes.

Nigrán organiza a súa primeira San Silvestre Solidaria.

Correo-e Imprimir PDF

san-silvestre-nigranInclúe proba de BTT, baloncesto, andaina, carreira para adultos e infantil e natación en augas abertas
As inscricións permanecen abertas ata o 23 de decembro ás 23.00 horas na Piscina Mancomunada de A Ramallosa e supoñen 3 euros máis 1 kg de comida
O Concello de Nigrán, xunto ao Club Baloncesto Nigrán, Sociedade Atlética Val Miñor, Peña Ciclista Val Miñor, Serviocio e Dandocancha organizan por primeira vez a tradicional cita deportiva de fin de ano 'San Silvestre', que terá lugar durante toda a mañá do 27 de decembro. Esta inclúe proba de BTT (25km), andaina de 15 km, 600 metros de natación, carreira infantil e de adultos (8 km) e baloncesto durante todo o día no pavillón. O prazo de inscrición permanece aberto ata o mércores 23 de decembro ás 23.00 horas na Piscina mancomunada de A Ramallosa e supón 3 euros máis 1 kg de alimentos non perecedoiros (as inscricións infantís son de balde). Toda a comida recadada será destinada aos Servizos Sociais do Concello para facerlla chegar ás familias máis desfavorecidas.

Convocatoria para a “II Quedada BTT na Serra do Galiñeiro”

Correo-e Imprimir PDF

Macha-BTTDende a Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios comunican que estase a convocar a II quedada BTT Monte Galiñeiro para o día domingo 25 de outubro.

O bo baloncesto agradou aos asistentes do triangular organizado polo CB Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

triangular-nigran-cb-set2015Moi bo ambiente no Torneo Triangular organizado polo CB Nigrán na mañá do sábado no pavillón de Panxón onde se puido gozar de bo baloncesto grazas ao xogo de Defensores do Morrazo e Rías Baixas .

“Era o Real Madrid o equipo de Franco?” Dende a ciencia intentan explicar os mitos do fútbol.

Correo-e Imprimir PDF

real madridSerían Pelé, Beckenbauer ou Cruyff estrelas no fútbol actual? Era o Real Madrid o equipo de Franco? Favorecen os árbitros sempre aos mesmos equipos?  Estas e outras moitas preguntas vinculadas a mitos e crenzas relacionadas co chamado ‘deporte rei’ son analizadas desde unha perspectiva científica polo profesor Carlos Lago no seu novo libro Fútbol es fútbol. Una explicación científica sobre crenzas do xogo . Publicado pola editorial Mc Sports, este volume trata de “trasladar os resultados de diferentes investigacións a un formato accesible para os adestradores e o gran público”, apunta este docente da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

O CB Airexa cumpre 15 anos

Correo-e Imprimir PDF

cb areixaO CB Airexa de Nigrán cumpre 15 anos con máis 130 xogadores federados e 60 nenos practicando o baloncesto nas escolas deportivas, cun persoal de máis de 12 adestradores.

O Club Baloncesto Airexa foi creado o 20 de setembro do 2000, por un grupo de pais e nais de xogadoras, para dar cobertura ás súas fillas.

A Escola Náutica Prado Surf celebra o seu 9º título galego consecutivo por equipos.

Correo-e Imprimir PDF

Prado surf-Concello  de Nigrán e Prado surf organizan este domingo en patos un campionato especial que inclúe sesión de bautismo e actuacións

O Concello de Nigrán e Prado Surf organizan este domingo 20 de setembro na Praia de Patos (sede de Prado Surf Escola) un campionato conmemorativo da vitoria que o club logrou en Pantín hai uns días. Ademais, e de forma paralela á competición, haberá un bautismo de surf pola tarde, de 16:30 a 18:30, para todos os alumnos de Erasmus anotados a través da ESN Vigo. Tamén haberá un espectáculo de maxia de Rei Midas e un concerto de rock da banda Blue Monk, ademais de sorteos para todos os asistentes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL