Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Sindicatos convocan a unha asemblea informativa no Val Miñor cara a folga xeral do 29 de marzo.

Sindicatos convocan a unha asemblea informativa no Val Miñor cara a folga xeral do 29 de marzo.

Correo-e Imprimir PDF
folgaxeral

As centrais sindicas CCOO e UGT convocan a unha xuntanza na bisbarra do Val Miñor a fin de informar sobre os contidos e repercusións da actual reforma laboral, así como dos fundamentos da folga xeral a desenvolverse o vindeiro xoves 29 de marzo. Con carácter de asemblea aberta a todo público, a reunión terá lugar este xoves 22 de marzo ás 20:30 horas, no Centro Cultural de Vincios.

 

Esta asemblea, segundo informou a Valminor.info Jorge Carneiro (CCOO), englóbase nunha campaña divulgativa que os dous sindicatos están a facer na área de Vigo e na súa contorna. Nas mesmas, cóntase coa participación de asociacións veciñais, de hostaleiros, comerciantes, e a mocidade, na procura de chegar a tódolos cidadáns "para explicarlle os efectos negativos que a reforma laboral ten sobre cada un de nós e a necesidade de secundar a folga xeral convocada".

No caso do Val Miñor, "esta de Vincios posiblemente sexa a única asemblea de este tipo que se convoque", informou o representante sindical, polo que se convoca aos veciños da bisbarra a participar da mesma.