Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Agás en Baiona, os datos oficiais do desemprego volven a ser negativos no Val Miñor.

Agás en Baiona, os datos oficiais do desemprego volven a ser negativos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Os datos oficias do desemprego para o Val Miñor arroxan novamente datos negativos ao peche das estatísticas o pasado 31 de marzo. Xa son 4.850 os veciños empadroados na bisbarra que perderon a súa fonte de traballo. En números absolutos medra en 34 casos con relación a febreiro. A situación máis grave rexístrase no concello de Gondomar con 1.807 casos que comprometen a situación económica do 18,28% da súa poboación activa. Baiona, por segundo mes consecutivo rexistra un leve descenso con 9 casos menos co respecto a xaneiro, aínda que o paro castiga ao 14,77% da súa poboación en idade de traballar. En Nigrán, o desemprego alcanza a 1.780 persoas, o que equivale ao 14,50% da súa poboación activa.

O incremento mensual do desemprego en toda España alcanzou o 0,82% (4.750.867 persoas); en Galicia o 0,77% (276.795 p.); na provincia de Pontevedra o 0,90% (108.877 p.); na área metropolitana de Vigo o 0,54% (33.650 p.); mentres que no Val Miñor foi do 0,68% (4.850 p.). Nos concellos da bisbarra, Gondomar medrou por riba de tódalas anteriores, cun 1,52% (1.807 p.), seguido de Nigrán cun 0,85% (1.780 p.). Un caso aparte foi o de Baiona onde o desemprego baixou un 0,63% (1263 p.), rexistrando 8 casos menos que no mes de febreiro.

Paro por sector nos tres concellos miñorás.

Baiona: Dos 1.263 casos de desemprego, 41 corresponden ao sector rural, 159 ao industrial, 199 á construción, 706 a servizos e 158 casos son de persoas na pescuda do seu primeiro posto de traballo.

Gondomar: Paro rexistrado 1.807 persoas. Ao sector rural corresponden 26 casos, 362 á industria, 380 á construción, 757 a servizos e 282 son demandantes por primeira vez.

Nigrán: Con 1.780 casos, 46 son do eido rural, 271 da industria, 260 da construción, 916 do sector servizos e 287 demandantes por primeira vez.