Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Hotel Arce de Baiona recibe o premio á excelencia 2012 de TripAdvisor

O Hotel Arce de Baiona recibe o premio á excelencia 2012 de TripAdvisor

Correo-e Imprimir PDF
Robert Webster amosa diante do seu hotel, un dos galardóns recibidos de TripAdvisor


O Hotel Arce de Sabarís volve a situar o nome da Vila Real de Baiona no Top de excelencia dos hoteis do mundo.

TripAdvisor, a maior web de viaxes do mundo anunciou este mes de maio, o recoñecemento do galardón de Certificado de Excelencia 2012 a este hotel miñorán, un premio que só se concede a 1000 hoteis en todo o mundo, a partir das valoracións e críticas dos propios clientes.

Cando temos en mente viaxar a un lugar concreto sempre acudimos a familiares ou amigos que estiveron na zona de destino para que nos recomenden un hotel, os lugares a visitar, onde debemos comer pero tamén onde non debemos ir, sexa por cuestións de prezo, atención, servizo ou mesmo por limpeza e hixiene do lugar.

Esta é a premisa coa que naceu TripAdvisor, o sitio web de viaxes máis grande do mundo, permite que os viaxeiros planifiquen e leven a cabo a viaxe perfecta a partir dos consellos e opinións de outros usuarios que foron clientes dos aloxamentos. Unha información que calquera viaxiero colle como de primeira man. TripAdvisor proporciona consellos fiables de viaxeiros reais e unha ampla variedade de opcións e funcións de planificación con ligazóns directas ás ferramentas de reserva. Os sitios coa marca TripAdvisor conforman a comunidade de servizos de viaxes máis grande do mundo, grazas aos seus máis de 50 millóns de visitantes únicos ao mes e os seus máis de 60 millóns de opinións e comentarios. 

Este mes de maio, TripAdvisor notificou aos propietarios dos hoteis e restaurantes de todo o mundo valorados co Certificado de Excelencia 2012. Este galardón, que recoñece a excelencia en hostalaría, concédese só aos establecementos que recolleron excelentes opinións dos usuarios de TripAdvisor en todo o mundo. Aproximadamente o 10% dos aloxamentos que aparecen en TripAdvisor reciben este prestixioso galardón. Para obter o Certificado de Excelencia, as empresas deben manter unha puntuación xeral de catro puntos ou máis sobre cinco en base ás opinións dos usuarios en TripAdvisor. Criterios adicionais inclúen o volume de comentarios recibidos nos últimos 12 meses.

"TripAdvisor ten o pracer de recoñecer ás empresas excepcionais pola súa constante excelencia, en base aos comentarios dos usuarios na nosa web", comenta Christine Petersen, presidenta de TripAdvisor for Business. "O Certificado de Excelencia outorga aos establecementos de todo o mundo con alta puntuación o recoñecemento que merecen. Queremos aplaudir a este tipo de empresas por ofrecer unha gran experiencia aos viaxeiros de TripAdvisor".

Este é o caso do Hotel Arce que rexentan Robert Webster e Annabelle Penedo en Sabarís. Este é o segundo ano que reciben este recoñecemento de Excelencia 2012, tamén despois de recibir en xaneiro deste mesmo ano o  Premio Travellers´ Choice 2012 por atoparse entre os 25 mellores hoteis de España en relación "calidade-prezo" según a valoración dos propios usuarios desta web social. 

"Estamos muy contentos de haber recibido este segundo premio no sólo para el hotel, que es un reconocimiento a nuestro trabajo, si no para Baiona, porque nosotros entendemos que ésto es bueno para que la gente conozca Baiona y pueda situarla en el mapa como un destino para sus vacaciones" comenta Robert Webster co seu peculiar acento inglés.

Nembargantes os dous amósanse preocupados polas obras de humanización de Sabarís, dado que o inicio das mesmas está programado en plena temporada alta para o sector hostaleiro.  A ocupación do hotel e o seu "status social na rede"  poderían verse en perigo polas molestias e ruido que van a ocasionar as obras en pleno apoxeo de turistas na zona. "Si las obras siguén a adelante y no se aplazan hasta el final de la temporada de verano, nos sentimos en la obligación de tener que avisar a nuestros clientes y decirles que la calle estará con obras. No queremos que nadie venga ni marche de nuestro hotel descontentos o molestos. Nos ha costado mucho trabajo y esfuerzo conseguir esta reputación y estas obras nos van a perjudicar mucho a nivel económico en el peor momento del año por no aplazarse tan sólo unos meses".