-O desemprego fica nos 4.747 casos no Val Miñor por segundo mes consecutivo.
Mentres o rexistros oficiais do paro amosan co respecto ao pasado mes de abril unha caída do 0,37% en Galicia, e dun 0, 31% na provincia de Pontevedra, no conxunto do Val Miñor o número ficou nos mesmos 4.747 casos. Deles, 1.734 corresponden a Nigrán, 1.801 a Gondomar e 1.212 a Baiona. Neste último concello, cunha baixa (por cuarto mes consecutivo) do -1,22% co respecto a abril.
Mentres Baiona rexistrou un saldo neto de 15 casos menos que en abril, Gondomar medrou en 7 e Nigrán en 8. En relación a súa poboación activa (16 a 64 anos), Gondomar presenta a situación máis delicada pois o desemprego afecta a máis do 18% do seus traballadores. No mesmo senso e a pesar de levar catro meses cun leve descenso dos casos de paro, Baiona sitúase en segundo lugar cun 14,24% da súa poboación activa afectada pola falla de traballo. Finalmente Nigrán, atópase nun 14,06% de afectación.
Paro por concello e eido de actividade ao 31 de maio de 2012. (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia)
Concello | Total Paro | Rural | Industria | Construción | Servizos | Demanda 1ª vez. |
Baiona | 1.212 | 41 | 144 | 206 | 671 | 150 |
Gondomar | 1.801 | 22 | 347 | 387 | 778 | 267 |
Nigrán | 1.734 | 44 | 257 | 245 | 912 | 276 |
Desempregados por sexo e concello. (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia)
Concello | Total Paro | Homes | Mulleres |
Baiona | 1.212 | 580 | 632 |
Gondomar | 1.801 | 903 | 898 |
Nigrán | 1.734 | 826 | 908 |
Táboa comparativa do paro Abril 2012 - Maio 2012 (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia)
Territorio | Abril | Maio | Diferenza | % |
Galicia | 277.644 | 277.608 | -1036 | -0.37 |
Prov. Pontevedra | 109.224 | 108.887 | -337 | -0.31 |
Val Miñor | 4.747 | 4.747 | 0 | 0 |
Baiona | 1.227 | 1.212 | -15 | -1.22 |
Gondomar | 1.794 | 1.801 | 7 | 0.39 |
Nigrán | 1.726 | 1.734 | 8 | 0.46 |
Táboa comparativa Paro - Poboación activa (16 - 64) (Fonte: Consellaría de Traballo e Benestar Xunta de Galicia - Ficha Municipal do Instituto Galego de Estatística)
Territorio | Paro | Poboación Activa | % |
Baiona | 1.212 | 8.511 | 14.24 |
Gondomar | 1.801 | 9.883 | 18.22 |
Nigrán | 1.726 | 12.275 | 14.06 |
Val Miñor | 4.747 | 30.699 | 15.46 |