Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía 25 veciños de Nigrán capacítanse nun curso de monitor de lecer.

25 veciños de Nigrán capacítanse nun curso de monitor de lecer.

Correo-e Imprimir PDF
Alumnos-do-curso-de-moitor-

Vinte e cinco alumnos, principalmente persoas en situación de desemprego empadroadas en Nigrán, comezaron a pasada semana un curso de monitor de tempo de lecer organizado pola Concellaría de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego. O curso terá unha duración de 250 horas teóricas e 150 practicas, que acreditará cunha titulación oficial aos participantes ao remate.

 

O custe do curso de 250 euros, foi co financiado polo Concello, tendo que aboar os alumnos unha cota menor de 74 euros, segundo informou a administración local, co xeito de facilitar o acceso ao mesmo.