Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía APRODEGO proponse revivir o antigo mercado da Paradela en Gondomar.

APRODEGO proponse revivir o antigo mercado da Paradela en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
mercado-antigo-gondomar

A recentemente creada Asociación por el Progreso y Desarrollo de Gondomar (APRODEGO) anuncia a creación dun rastro tradicional que terá lugar tódolos domingos ata o 6 de xaneiro. Co obxectivo de dinamizar a vida comercial e cultural do municipio, o rastro terá carácter aberto para que tanto comercios, asociacións socias e veciños podan participar con postos no evento, informou a empresaria Rosa María Álvarez, presidenta de APRODEGO. Os interesados en solicitar un espazo no rastro deberán comunicarse aos teléfonos 676479488 ou 691510202. Os mesmos se entregan totalmente de balde.

 

A idea da asociación é revivir o antigo mercado tradicional que tiña lugar na Paradela e atraía a veciños de todo o municipio así como a visitantes doutras bisbarras, sinalou Miguel Ángel Jorge, portavoz de APRODEGO. O proxecto, inspirado no mercado histórico de Gondomar, se instalará na zona da Alameda, ocupará as beirarrúas das céntricas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz ata a altura da Praza da Paradela, fronte ao Concello.

Ao estilo das feiras de garaxe americanas os veciños poderán levar obxectos que xa non utilizan e ofrecerllos nese espazo. Tamén as asociacións comercias e socias poderán comercializar produtos xunto cos comercios que colocarán mesas de saldos, segundo o informado por APRODEGO.

Ademais dos empresarios nomeados, APRODEGO conta cunha directiva de doce membros, na que Juan José Castro ocupa a Tesourería e Manuel Soliño Troncoso a Secretaría. A asociación foi oficialmente rexistrada na Xunta de Galicia, o pasado xoves 28 de decembro pola directiva.

Rosa María Álvarez (Rosquillas Cristaleiro), salientou que APRODEGO nace con vocación de atender as necesidades de todo o concello de Gondomar, tanto no eido comercial, así como no industrial e cultural. Nese senso, informou que trátase dunha asociación aberta a todo aquel gondomareño que queira participar e terá por fin dar pulo a tódalas iniciativas do concello.