Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía As cifras do paro amosan un descenso do 3,6% interanual no Val Miñor

As cifras do paro amosan un descenso do 3,6% interanual no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Oficina de emprego Baiona

As últimas cifras de desemprego no Val Miñor non arroxan cambios significativos na creación de emprego, cun descenso de 30 persoas até os 4874 parados fronte aos 4.904 anteriores.

En termos interanuais a diminución de desempregados supón o 3,6% con 184 persoas paradas menos no Val Miñor.

Sindicatos seguen sendo críticos coas cifras do desemprego. Denuncian que, a pesar da caída do paro, o número de afiliados á Seguridade Social caeu un 0,4% con respecto a marzo do 2013 (arredor de 4.000 persoas) en toda Galicia

Gondomar lideraría ese descenso en termos interanuais con 173 persoas paradas menos.

Según os datos publicados pola Xunta de Galicia, Baiona sería o concello onde máis descendería o paro neste último mes de marzo, con 23 persoas menos respecto ao mes anterior, pero cun lixero aumento respecto ao ano 2013.

Gondomar con 6 persoas menos en Marzo de 2014 pero cun descenso de 173 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

 Nigrán con 1 parado menos en Marzo de 2014 respecto ao mes anterior. Pese a ser o concello que conta co maior parque empresarial da zona, é o concello que menos variación ten respecto ao mes de fabreiro de 2014, cun descenso de apenas 19 persoas respecto aos datos de 2013.

A poboación de traballadores e traballadoras maiores de 25 anos seguen sendo os máis perxudicados polo desemprego cun total de 4539 persoas, fronte aos 335 parados menores de 25 anos.

As cifras de paro por sexo arroxa a cifra de 2469 mulleres fronte aos 2405 homes desempregados. 

Por sectores, o sector servizos con 2761 persoas e o sector da construcción con 788, supoñen máis do 50% do desemprego no Val Miñor

Desemprego en Galicia

 Galicia rexistrou o mellor mes de marzo desde 2004 en termos de paro rexistrado. Ese é, cando menos o dato que saca a Xunta do descenso do paro en 3.608 persoas o pasado mes, que foi dun 1,29 por cento. Deste xeito, Galicia rexistra un total de 276.463 parados.

Sen embargo, os sindicatos seguen sendo críticos coas cifras do desemprego. Así, a CIG e UXT denuncian que, a pesar da caída do paro, o número de afiliados á Seguridade Social caeu un 0,4% con respecto a marzo do 2013 (arredor de 4.000 persoas). 

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, destacou que estas cifras sitúan a Galicia como a terceira comunidade autónoma na que máis diminuíu o paro rexistrado en termos absolutos con respecto ao mes anterior. E é que en España o paro descendeu un 0,35 por cento, un total de 16.620 persoas menos. Deste xeito, o número de desempregados sitúase en 4.795.866 persoas.

 

 

 

Coa colaboración do medio colaborador Galicia Confidencial