O BNG organiza unha charla informativa sobre a tarifa eléctrica en #Nigrán

Imprimir
bombillaeuro

O BNG de Nigrán organiza este venres 11 de abril unha charla informativa sobre a tarifa eléctrica e "os seus constantes incrementos nun país produtor excedente de enerxía como é Galicia". Intervirán o portavoz municipal Xavier Rodríguez e mais Carme Adán, deputada no Parlamento de Galicia. Será no Centro Antena de Nigrán (rúa Otero Pedrayo, 52) ás 18 horas.