Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O empresario Rubén Brión presentou o proxecto Benboa no Val Miñor.

O empresario Rubén Brión presentou o proxecto Benboa no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
ruben-brion

A presenza no país de boa materia prima na terra e no mar, así como xente cualificada para tratala foron as bases que fixeron posible o proxecto Benboa de Currubedo. Así o salientou un dos seu fornecedores, o empresario Rubén Brión na presentación deste complexo pioneiro que conxuga un mercado tradicional, cun espazo de restauración, cetaria e máis unha tenda de pratos preparados a domicilio. Levou máis de oito anos o seu desenvolvemento entre trámites burocráticos e o período de investigación necesario para obter os produtos finais coa calidade óptima.

Dim lights Embed Embed this video on your site


A estratexia comercial elixida foi a da venta directa no local, telefonicamente ou a través de Internet. Isto, asegura Brión, permítelles manter prezos razoables ao evitar intermediarios. De momento os produtos de Benboa non se comercializan noutras tendas, aínda iso, Brión asegura que a demanda é suficiente para manter "no aire" aos 17 traballadores que na actualidade encárganse do funcionamento do complexo.
Benboa atópase nunha antiga planta de salgadura do ano 1900 sita no porto ribeirense de Corrubedo. O proxecto foi promovido por Rubén Brión, Carlos Brión e Paco Teira. Afirma que o seu sono é conseguir que o establecemento sexa quen de contribuír á posta en valor dos produtos galegos e nomeadamente da pesca artesanal de Currubedo. Neste senso, sinala que o seu gran obxectivo é que a lonxa de Benboa sexa capaz de soster a compra da produción anual dos pescadores para trasladarlla directamente ao público. Unha estratexia que permitiría obter más beneficios á flota artesanal e un menor custe aos consumidores.
O faladoiro de máis dunha hora e media transcorreu este venres 11 de abril na Aula de Cultura Ponte de Rosas, no transcurso da TERTULIA do IEM. A mesma contou cunha presentación do biólogo e membro da casa, Xosé Ramón García.