Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Gondomar acolle este sábado o X Encontro da Rede Galega de Sementes na Paradela.

Gondomar acolle este sábado o X Encontro da Rede Galega de Sementes na Paradela.

Correo-e Imprimir PDF
25-Gondomar

Este sábado 31 de maio na contorna do Concello de Gondomar terá lugar unha feira de agricultores onde o troco de sementes será o centro da actividade. As 10h de mañá  se abrirá a feira na Praza da Paradela. Ás 11 horas terá lugar a apertura da mesa de troco onde as persoas que o desexen poderán intercambiar sementes. Así ata as 14 horas onde terá lugar un xantar popular onde cada participante traerá a súa comida. As 16 horas se volven as mesas de troco de sementes para as 17 horas desenvolverse unha “mesa de sabios”. A mesma estará integrada por veciños de Gondomar e versará sobre as tarefas tradicionais do campo.

Ao longo da feira terá lugar a venta de produtos ecolóxicos e de hortas familiares e tradicionais, así como obradoiros de arteterapia ó redor da semente.

Os organizadores cóntannos as bases desta iniciativa.

¿Que é a Rede Galega de intercambio de sementes?

 A Rede Galega de intercambio de sementes é un colectivo preocupado pola conservación e mellora da biodiversidade agrícola, que nace coa intención de potenciar o uso de sementes de variedades tradicionais fronte as variedades comerciais, moitas veces híbridas e incluso tranxénicas, promovidas polas diferentes empresas multinacionais agroquímicas co apoio incondicional das distintas administracións.

¿Cales son os vosos obxectivos?

O obxectivo fundamental da rede é facilitar e promover o uso, produción, mantemento e conservación de variedades antigas e locais de especies hortícolas e froiteiras, así como a conservación de especies forestais autóctonas e a promoción dos usos tradicionais das plantas silvestres, poñendo a disposición das labregas as ferramentas e recursos necesarios para acadar tal fin.