Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A deputación ofrece 8 mil euros a cada concello do Val Miñor para axudas de emerxencia social.

A deputación ofrece 8 mil euros a cada concello do Val Miñor para axudas de emerxencia social.

Correo-e Imprimir PDF

Os concellos do Val Miñor recibirán 8 mil euros da deputación para atender prioritariamente a asistencia alimentaria dos cativos durante o peche dos comedores escolares nas vacacións. Desa cifra, os concellos tamén deberán afrontar as liñas de axudas de emerxencia para persoas e familias en risco de exclusión social. Nese senso, a administración provincial adiantará o 50% da liña de axuda unha vez os concellos remitan a súa vontade de concorrer á convocatoria e a outra metade unha vez esgotada a contía e coas debidas xustificacións dos gastos.

A convocatoria que fora publicada o pasado 10 de xullo no diario oficial da provincia, informa que a liña ten consignada 365 mil euros a repartir entre todos os concellos de Pontevedra con menos de 20 mil habitantes. A distribución das contías fíxose tomando en conta a cantidade de poboación e mais a relación poboación desempregada – habitantes . Nese senso, Baiona, Gondomar e Nigrán obtiveron unha puntuación de 3 nun máximo de 4 puntos. Puntuación esta última que habilitaba unha achega de ata 10 mil euros que ningún dos municipios da provincia acadou.