Abren inscricións para un Curso de Retoque Fotográfico por ordenador en Gondomar.

Imprimir
casa cultura gondomar

A Concellaría de Xuventude de Gondomar informa de que se vai a poñer en marcha un curso de Retoque fotográfico por ordenador, enmarcado dentro do programa ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra. A actividade, de 40 horas de formación, está dirixido prioritariamente aos/ás mozos/as de 16 a 35 anos empadroados no Concello de Gondomar.
O prazo de inscrición para participar neste curso permanecerá aberto ata o 29 de agosto na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Gondomar. Para máis información chamar ao 986.369.746.