Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Nigrán non investiu todo o seu orzamento para a creación de emprego, pese a ter 1700 persoas no paro.

Nigrán non investiu todo o seu orzamento para a creación de emprego, pese a ter 1700 persoas no paro.

Correo-e Imprimir PDF
oficina emprego baiona

Nigrán pechou o 2013 con máis de 1.700 persoas en paro, sen embargo o goberno local só gastou 19.618,57€, dos 35.000€ que dispoñía na partida para “Fomento do Emprego” dese ano. A falla de traballo que afecta a máis do 15% da poboación activa de Nigrán foi deste xeito deficientemente xestionada pola administración popular segundo o edil Fernández Comesaña (UCN), quen revela estes datos , ao deixar de investir máis de 15 mil euros en cursos de orientación na procura de emprego.  

A “cartilla de racionamento” do goberno aplicará recortes a Emprego en 2014.

Por riba, o edil denuncia que o equipo de Valverde está a implementar unha “cartilla de racionamento” que pretende reducir os investimentos en emprego para o 2014. Recorte que segundo anuncian os populares é por culpa da oposición por non aprobar a proposta de orzamentos  para 2014 que levara o goberno ao pleno.  Mais Fernández sinala que o orzamento prorrogado de 2013 achega outros 35.000€ dos que “unicamente levan gastados ata o 19 de xuño, 15.547,99€”. O que en opinión do edil da UCN non acredita as escusas do goberno para aplicar o devandito recorte. Engade que este apaño de culpar á oposición tamén o aplicaron nun anuncio de reducir as partidas para mantemento de parques infantís e zonas verdes, cando aínda dispoñen de 15.000€ “sen gastar”.

Afirma Fernández Comesaña que a redución dos investimentos en emprego son consecuencia “dos informes desfavorables do interventor e dos múltiples reparos e advertencias de ilegalidade” recibidos pola administración Valverde. Nese senso salienta máis de 80.000€ en gastos con informes desfavorables que o goberno quixo introducir nos finalmente rexeitados orzamentos 2014. Na súa maioría, advirte, por tratarse de gastos que non son “de competencia municipal”.