Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Aberto o prazo de inscrición para o curso de OpenOffice no Concello de Nigrán.

Aberto o prazo de inscrición para o curso de OpenOffice no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
teletrabajo

A Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán, ten previsto o inicio no mes de setembro dun curso de “OpenOffice”, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no municipio que queiran mellorar os coñecementos nesta área

Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), desenvolverase dende o 29 de setembro ata o 17 de novembro, os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas, permanecendo aberto o prazo de inscrición dende o 1 ata o 19 de setembro, ambos inclusive.

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral Municipal, cubrindo unha instancia e unha ficha de selección, que estarán a súa disposición no propio Rexistro Xeral, no Centro Antena Municipal e na páxina web oficial do Concello.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986-366572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo