Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Traballadores reclaman estender a un mínimo de 9 meses o servizo da Residencia de Patos

Traballadores reclaman estender a un mínimo de 9 meses o servizo da Residencia de Patos

Correo-e Imprimir PDF
traballadores residencia panxon

Traballadores e traballadoras da residencia  "Tempo Libre de Patos" dependente da Xunta de Galicia, presentarán un escrito acompañado de cinco mil sinaturas, reclamando un mínimo de 9 meses de apertura do centro.

Farano este martes na delegación da Xunta de Galicia en Vigo, e dirixirán a súa petición á Consellaría de Traballo e Benestar Social, así como a Núñez Feijoo.

 

O colectivo, afirman que a redución a catro meses de apertura da residencia que a Xunta aplicou en 2013, é notoriamente insuficiente para atender a demanda do servizo. Engaden por outra banda, que o recorte afecta gravemente aos traballadores e as súas familias, que sofren a redución do período de emprego.

Cinco mil veciños e comerciantes do Val Miñor acompañan o petitorio a través das súas sinaturas que foron recollidas polos traballadores da residencia.