Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Curso de acompañante de comedor social e de iniciación á fotografía en Nigrán.

Curso de acompañante de comedor social e de iniciación á fotografía en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco do Programa Actívate 2014, organiza un curso de Acompañante de comedor escolar e un curso de Iniciación á Fotografía , para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Os curso son gratuítos.


A solicitude poderá realizarse do 4 de agosto ao 10 de setembro no Rexistro do Concello de Nigrán. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude e copia do DNI.
Os cursos están dirixidos preferentemente a persoas empadroadas no Concello de Nigrán, aínda que tamén poderán participar persoas doutros concellos no caso de que quedaren prazas vacantes. Terán preferencia as persoas desempregadas. Os cursos desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro, as datas e o horario concreto está por determinar.
Mais información na OMIX, Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán, Tlf: 986 383081 correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo