Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Chandebrito recupera o oficio da cestería tradicional cun novo curso na parroquia.

Chandebrito recupera o oficio da cestería tradicional cun novo curso na parroquia.

Correo-e Imprimir PDF
Cesteria cha

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2014/2015 un curso de cestería tradicional, denominado Cestería en palla de centeo (II), a cargo de Rubén Berto Covelo, mestre cesteiro artesán de Vigo. O mesmo desenvolverase na Escola infantil de Chandebrito (rúa da Igrexa, 2), todos os luns dende o 6 de outubro ata o 29 de decembro de 2014 (ambos incluídos) en 12 sesións.


As clases terán lugar no horario de 18.00 a 20.30 h. (2,5 horas semanais). O número de participantes será dun mínimo de 8 e un máximo de 12 . O prezo de 30 € mensuais por persoa inclúe todo o material preciso: palla, tireta de vimbio, etc.-). Máis información e inscricións ata o dia 3 de outubro, na páxina web chandebrito1807.blogspot.com , a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 667380223.