Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os empresarios galegos auguran un 2015 “espectacular”

Os empresarios galegos auguran un 2015 “espectacular”

Correo-e Imprimir PDF
Alvariño, presidente da CEG

“O 2015 será un ano espectacular”. É a previsión que fai o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño. Unha previsión realmente optimista sobre a recuperación económica do país.

"Estamos cansados de ser pesimistas, quero ver a Galicia con vocación de liderado", asegurou Fernández Alvariño. E iso que mesmo a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, lle aconsellou "que free o optimismo", pero para el “a economía é tamén unha declaración de intencións".

Por iso, prevé un vindeiro ano “espectacular" e, como hai eleccións, pois “máis gasto e investimento público, e tamén creación de emprego”.

Durante a súa intervención no "Fórum Europa. Tribuna Galicia" dixo que, co reforma fiscal, "vai ir diñeiro directamente ao peto do cidadán". Así, destacou que o 82 % das pemes pensan que o seu negocio vai aumentar ou mellorar porque a banca "está a dar crédito".

Neste sentido, mostrouse partidario de incrementar os soldos entre un 0,5 e un 1,5 % nos sectores que llo poidan permitir pois, aínda que algúns aínda non superaron a recesión e deben manter a "contención", outros en cambio empezan a rexistrar cifras que permiten "un aumento moderado do salario". "Os empresarios queremos aumentar os salarios porque é a roda da economía", salientou sen concretar os sectores. "Patrocinamos e apoiamos un aumento normal e nalgún sector determinado".

Tamén lle fixo un chamamento aos sindicatos para avanzar na concertación social e avogou pola "unión y sintonía política y empresarial" para lograr "resultados óptimos" no avance económico de Galicia e "actuar como un territorio vertebrado que especializa sus recursos".

--
Información recollida polo medio colaborador Galicia Confidencial