Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía PSA Vigo dá marcha atrás e retira a proposta de reducir un 5% o salario dos traballadores

PSA Vigo dá marcha atrás e retira a proposta de reducir un 5% o salario dos traballadores

Correo-e Imprimir PDF
psa vigo

A CUT apraza a folga indefinida convocada para este xoves para a próxima semana.
A dirección de PSA Peugeot Citröen de Vigo decidiu dar marcha atrás e retirou a rebaixa dun 5% do salario bruto anual e dun 50% as pagas extras dos seus traballadores tras as fortes críticas recibidas por parte do Comité de Empresa e logo da decisión da CUT de ir a unha folga indefinida.


Estas dúas propostas estaban contempladas nos axustes salariais expostos para aumentar as opcións de construír as novas furgonetas (K9). Así, a empresa puxera sobre a mesa unha rebaixa do 5% do salario bruto anual e conxelalo até 2019, reducir nun 33% a prima de obxectivos, a antigüidade nun 10% e conxelala de agora en diante, e catro complementos, nun 50%: nocturnidade, terceira quenda fixa, cabinas e fin de semana.
Na reunión deste luns que coincide co día no que se retomou a actividade na planta tras un paréntese na produción por un axuste da produción debido á caída da demanda, a dirección puxo sobre a mesa, como alternativa, unha nova táboa de evolución salarial para as futuras contratacións.
O sindicato CUT sinalou da folga indefinida que anunciara para este xoves que sopesará a opción de aprazala á próxima semana, tal e como indicou un dos seus delegados.
Do xornal colaborador Galicia Confidencial