Sábado, 25 Oct. 2014

Actualizado07:20:56 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Máis de 340 inscritos leva a Carreira Nigrán Area na que participará o atleta vigués Alejandro Gómez.

Máis de 340 inscritos leva a Carreira Nigrán Area na que participará o atleta vigués Alejandro Gómez.

Correo-e Imprimir PDF

A primeira edición da Carreira pola Praia Nigrán Area chegará este domingo ás praias de Panxón e Praia Lourido (América) a partir das 11.00 horas. Todos os participantes deberán recoller os dorsais mañá sábado 13 de agosto no pavillón municipal de Panxón, entre as 16.00 e as 20.00 horas. O Concello de Nigrán recorda aos participantes que a inscrición segue aberta ata mañá ás 20.00 horas nas Oficinas de Turismo de Panxón e de Patos. Todos aqueles que se inscriban ao longo da xornada de mañá poderán participar na carreira pero sen opción a puntuar para a clasificación.

Ao día de hoxe hai máis de 340 inscritos,dos cales próximo de 110 na categoría adultos. Do resto de categorías, foi "chupetes" a que tivo máis éxito, con 70 pequenos e pequenas inscritos. Entre estes máis de 340 atletas, a primeira edición da Nigrán Area conta coa participación especial de Alejandro Gómez, atleta natural de Vigo cun extenso curriculum de éxitos nacionais e internacionais ás súas costas.