Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Surfeiros e institucións de ensino e atención a persoas con discapacidade, únense na I Xornada Surf Integración.

Surfeiros e institucións de ensino e atención a persoas con discapacidade, únense na I Xornada Surf Integración.

Correo-e Imprimir PDF

O Club Surfeiros e a Federación Galega de Surf, en colaboración co Concello de Nigrán, celebran o vindeiro venres 2 de marzo na praia de Patos a actividade "a túa primeira onda", dirixida integramente a persoas con discapacidade psíquica. A Fundación Menela, o centro de Educación Juan María e a fundación Igualarte participarán na primeira xornada Surf Integración.

O obxectivo principal desta actividade é a integración deste colectivo, dando a coñecer o deporte do surf procurando un mellor desenvolvemento no medio acuático. A I xornada de Surf Integración desenvolverase na praia de Patos en horarios de mañá e de tarde, de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 18.30 horas, e contará coa participación de 30 persoas con discapacidade, todos eles maiores de idade.

A organización formará grupos de tres ou catro persoas como máximo, que estarán supervisados en todo momento por dous monitores da súa contorna, así como por un instrutor de surf titulado, que ensinará aos participantes as nocións básicas deste deporte e como interactuar co medio mariño. Ademais do bautismo de surf, a actividade contará tamén coa práctica doutros deportes como fútbol ou voley-ball, co fin de gozar dun día de praia.