Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Charla - Debate na A.V. de Panxón: ""Que está a pasar coa Sanidade Pública?"

Charla - Debate na A.V. de Panxón: ""Que está a pasar coa Sanidade Pública?"

Correo-e Imprimir PDF
sanidad-publica-portada

O co pago sanitario, a redución das quendas dos servizos de emerxencia e farmacias, o futuro da atención hospitalaria dos veciños da bisbarra e os recortes que se están a aplicar dende as distintas administracións do Estado a Sanidade Pública, son algúns dos temas que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor quere tratar nunha charla - coloquio baixo o título "Que está a pasar coa Sanidade Pública? Propostas e debate". A mesma terá lugar na Asociación de Veciños de Panxón , na Avenida da Porqueira (Nigrán), o vindeiro venres 27 de abril ás 19:30 horas.

 Na oportunidade intervirán Alfredo Somoza Valentín (médico de atención primaria do Centro de Saúde de Panxón), Manuel González Moreira (médico portavoz da Plataforma de Vigo), Xosé Mª S. Pena (Plataforma de Cangas) e Jesús Araújo Nores (médico otorrino no Hospital Xeral e membro da Asociación pola Defensa da Sanidade Pública).