Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A OMIX de Nigrán prepara tres obradoiros infantís no Centro Comercial d'A Ramallosa.

A OMIX de Nigrán prepara tres obradoiros infantís no Centro Comercial d'A Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
centro comercial_ramallosa

A concellaría de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, a través da OMIX de Nigrán, anuncia a celebración os vindeiros días 21 e 28 de setembro e o 5 de outubro de obradoiros dirixidos a nenos e nenas no primeiro andar do Centro Comercial d'A Ramallosa, de 18.00 a 20.00 horas. Neles os máis pequenos poderán xogar e divertirse mentres aprenden a facer sacos de olor, encadernación, crema dentrífica e moito máis. Máis información na OMIX de Nigrán, na Antiga Estación de Tranvía en Panxón ou no teléfono 986 383 081.