Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Concellería de Benestar do Concello de Gondomar organiza unha viaxe a Andalucía para maiores de 55 anos

A Concellería de Benestar do Concello de Gondomar organiza unha viaxe a Andalucía para maiores de 55 anos

Correo-e Imprimir PDF
granada

-A viaxe, que visitará as cidades de Sevilla, Córdoba e Granada, será do 14 ao 19 de outubro

-Pode reservarse praza ou solicitar información no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través da axencia de viaxes GONTOUR , organiza unha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a Sevilla, Córdoba e Granada. A viaxe desenvolverase do 14 ao 19 de outubro e ten un custe de 299 euros, todo incluído.

As persoas interesadas en reservar praza poden informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura.