Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade VIDEO | Lío dos deputados do PP de Galicia na votación dunha comisión do parlamento galego

VIDEO | Lío dos deputados do PP de Galicia na votación dunha comisión do parlamento galego

Correo-e Imprimir PDF
OS deputados populares alzan a man no momento da votación que logo rectifican

Os micros abertos xogan unha mala pasada aos parlamentarios populares e deixa en evidencia o descoñecemento sobre a PNL (proposición non de lei) sobre a que teñen que votar.

O presidente Antonio Mouriño Villar (PP) pregúnta ás compañeiras de mesa, fora de micro, se teñen que estar a favor ou en contra da iniciativa durante a votación da mesma, "A ver estos qué... ¿estamos a favor o encontra?. Claro. En contra no?, No"... "A favor. A favor" e os deputados populares titubean ó alzar a man a favor no momento da votación, imitando os movementos do presidente.  "comunicádevos joder" finaliza o presidente.

 

A comisión de Educación e Cultura do Parlamento Galego do pasado 8 de setembro trataba unha serie de iniciativas que debían pasar a votación. Non sen problemas o presidente da mesa, o popular Antonio Mouriño intenta que os seus compañeiro de partido se acomoden na bancada e entendan que se vai pasar á votación.

Tras rexeitar as protestas da oposición pola chegada tarde de dous deputados populares, comezan a votar o que era unha proposta do PSOE para sinalizar e dar pulo ao Camiño Inglés do Camiño de Santiago. Unanimidade. E xa prontos a pasar ao seguinte punto, un deputado popular, dos que chegou tarde decátase que esa non era a postura que tiñan que ter os populares sobre o tema na súa disciplina de voto. 

Un "lapsus calami", así argumenta o portavoz dos deputados do PP solicitando a retificación do voto emitido, para segundos máis tarde na mesma intervención argumentar que non habían votado pese a que nas imaxes queda rexistrada a man alzada dos populares, incluído a do presidente e o reconto de votos.

A proposta finalmente queda rexeitada. A mesma versaba sobre a adopción por parte do goberno galego das medidas necesarias para a delimitación e sinalización do Camiño Inglés, a súa conexión co Camiño do Norte e o impulso, en colaboración coas demais administracións implicadas, dun programa destinado á súa potenciación.

VIDEO